Arranca o programa integrado “Emprende Lalín”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

María José Batán sinala que este taller de coaching se desenvolveu en tres horarios distintos para traballar en grupos reducidos cos participantes. Así o primeiro tivo lugar de 9 a 11.30 horas, o segundo de 11.30 a 14.00 horas e terceiro de 16.00 a 18.30 horas

O  programa integrado para o emprego “Emprende Lalín” celebrou esta mañá unha xornada inicial de arranque desta acción que desenvolve o Concello de Lalín, subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar. Así o explica a concelleira de Actividade Económica, Comercio e Emprego, María José Batán, que sinala que esta xornada inicial, cunha duración de dúas horas e media, comezou cunha presentación sintética do programa e resolución de dúbidas e dos participantes. A continuación desenvolveuse un taller de coaching para a busca de emprego co título “Que estou facendo e que pode facer para conseguir o meu emprego”, sinala.

No dito obradoiro os participantes reflexionaron sobre as súas fortalezas, competencias e motivacións para un axeitado dominio das ferramentas clave para a súa presentación como persoas susceptibles de seren empregados/as, reforzando a autoconfianza, tenacidade e motivación na consecución das metas profesionais, subliña Batán.

Este taller de coaching desenvolveu en tres horarios distintos para traballar en grupos reducidos cos participantes. Así o primeiro tivo lugar de 9 a 11.30 horas, o segundo de 11.30 a 14.00 horas e terceiro de 16.00 a 18.30 horas, concreta.

“Emprende Lalín”, que desenvolve o Concello cunha subvención da Consellería de Traballo, é unha ferramenta de apoio á busca de emprego e a inserción laboral ofertada polo Concello de Lalín, que permite traballar individualmente con cada un dos participantes ofertándolles un programa flexible e flexibilizado de accións a incorporar no seu itinerario de inserción: orientación grupal e individual, formación, prácticas en empresas e intermediación.

29 de setembro de 2014 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.