publicidade hoxe

Arranca a nova tempada do ciclo de música Enclave de Cámara cun concerto do Cuarteto Debussy

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Este xoves da comezo a nova tempada do ciclo de música Enclave de Cámara. Será cun concerto a cargo do Cuarteto Debussy, ás 20.30 h no Teatro Principal.

Esta agrupación, procedente de Francia, posúe no seu haber máis de 20 discos, e destaca polos seus valores e compromiso coa curiosidade, a sorpresa e a experimentación entre diferentes ámbitos artísticos como danza, teatro ou música contemporánea. As entradas pódense adquirir a partir de 5 euros na web entradas.abanca.com, ou no Teatro Principal (988 241 492).

Outra proposta musical para estes días é o concerto semanal da Banda Municipal, que terá lugar o venres 3 ás 20 h na Sala Valente – antigo banco de España -.

Auditorio Municipal

O Auditorio Municipal acolle estes días o inicio da VII Edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO -, que comeza do día 2 e se prolonga ata o 19 de outubro. O primeiro é o propio xoves 2 ás 20.30 h, coa estrea a cargo da obra La gloria de mi madre, da compañía andaluza Choni Compañía Flamenca. Trátase dun espectáculo inspirado na cultura do café-cantante, mesturando o humor, o cante e o baile flamenco máis tradicional, a copla, a ironía e, como non, a improvisación. Un día máis tarde, o venres 3 de outubro tamén ás 20.30 h, será o turno da obra Fair Play, da compañía francesa Patrice Thibaud, cunha disparatada inmersión no mundo do deporte. Posteriormente, o sábado 4 actuará a Compañía Fernando Hurtado coa obra Charlie. A información deste festival pódese consultar en www.fitoourense.com.

A maiores desta programación, o domingo temos unha nova cita coa actividade infantil a partir das 12 h coa obra Martes, de Baobad Teatro. Está recomendada para maiores de 2 anos. As entradas pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo da función na billeteira do Auditorio.

30 de setembro de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.