Aranguren cre que a aceptación da recusación garante un xuízo sen prexuízos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

A defensa de Rosario Porto, o letrado José Luis Gutiérrez Aranguren, cree que a aceptación, por parte da Audiencia da Coruña, da recusación do maxistrado José Gómez Rey “garante un xuízo sen a existencia de prexuízos” polo previo coñecemento da causa por parte do recusado.

Así o asegurou, nas que afirmou que o esperaba e incidiu en que “existía a causa” que invocou para apartar este maxistrado do procedemento.

“Entendo que, coa intervención doutro maxistrado, se garante un xuízo sen a existencia de prexuízos que puidesen derivarse do previo coñecemento da causa por parte de quen ha de manter unha exquisita neutralidade”, sinalou o letrado.

Ao respecto, precisou que non cre que o recusado “sexa parcial”. “Pero o que si é certo é que xa se pronunciara en múltiples ocasións rexeitando peticións de liberdade e algunhas probas das defensas e iso faina perder a aparencia de imparcialidade, sen que iso supoña un receo pola miña parte da súa profesionalidade e honorabilidade”, subliñou o letrado.

En concreto, a Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña aceptou a recusación formulada pola defensa de Rosario Porto, acusada, xunto ao seu exmarido Alfonso Basterra, da morte da súa filla adoptiva Asunta, respecto do maxistrado José Gómez Rey debido ao seu “contacto previo” coa causa, sobre a que resolveu diferentes recursos.

A Audiencia resolveu apartar o xuíz do coñecemento da causa tras recibir informe do propio maxistrado no que acepta como certa a causa da recusación, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

30 de setembro de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.