Aprobada a contratación dun traballador social para tramitar as axudas de emerxencia social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Xunta Local de Goberno aprobou onte a contratación dun traballador social para a tramitación das axudas de emerxencia social. Con esta medida mantense a plantilla do departamento de Servizos Sociais, xa que esta persoa cubrirá o posto que estaba a desempeñar o becario ao que lle vence o contrato en setembro. Deste xeito, preténdes manter a axilidade na atención das persoas e familias en situación de emerxencia.

A contratación do traballador social lévase a cabo baixo a única modalidade que permite actualmente a lei ás administración públicas, que é a través dun contrato temporal, neste caso de 6 meses, xustificado na acumulación de tarefas. Desde hai tres anos, os organismo públicos teñen restrinxida a contratación de persoal no marco das medidas contra o déficit e o saneamento das súas contas.

Por outro lado, a concelleira de Traballo e Benestar desminte rotundamente a Juan Fajardo que onte denunciaba que “O Concello carece dende hai tres meses de educadora social”. Suárez Sarmiento sale ao paso para asegurar que “iso é mentira”, xa que a plantilla municipal conta con dúas educadoras sociais e una pedagoga, das que dúas destas profesionais están desempeñando as súas función con normalidade. A edil recoñece que unha das educadoras está de baixa pero, ante a dúbida da duración da mesma, e dadas as restricións á contratación existente, de xeito provisional, asignáronse os seus casos a educadora social do CIM que conta co apoio da pedagoga deste servizo.

Igualdade, Muller ou Persoas maiores tamén prestan servizos sociais

Suárez aclarou que todos os casos que se presentan no Concello de Vilagarcía en relación a educación familiar están sendo convenientemente atendidos, porque no Concello existen profesionais para facelo. “Parece mentira que o Sr. Fajardo, con esa filosofía progresista e social da que presume, teña un una visión tan estreita do que son os servizos sociais, e se limite a entender como tales sao e exclusivamente as prestacións que se ofrecen a través da concellería que leva este nome. Tanto eu como o resto do equipo do gobernó entendemos que tamén son servizos sociais, os que se realizan no ámbito da concellería de Igualdade, do CIM o de Persoas Maiores, aínda que no organigrama do Concello forme parte de departamentos diferentes englobados nunha mesma área”.

Acollerse a todos os plans posibles para a promoción do emprego

Suárez pídelle ao coceiro de Es que deixe de falar sen informarse previamente e que non trate de enganar a xente cando fala de electoralismo nas contratacións realizadas a través de distintas subvencións. A concelleira explica que, dentro do marco de promoción do emprego e de loita contra o paro, o Concello sumouse a tódalas liñas de axudas que ofrecían outros organismos para contratar persoal. “Como o señor deputado debería saber, os programas e plans ofertados por Xunta ou Deputación para o fomento do emprego xa establecen nas súas bases un destino concreto, que foron socorristas e operarios, de aí que non se puideran contratar outro tipo de profesionais”.

A maiores, a edil garantizou que, como ata o de agora, o gobernó local continuará sumándose a todos os programas e liñas de axuda que convoquen outras administración para a promoción do emprego, xa que son moitas e moitos vilagarciáns os que se atopan no paro e aos que é preciso ofrecer alternativas para axudarlles a mellorar a súa situación. “Ou o que lle molesta a Fajardo e que non perdamos nin una so a oportunidade de dar traballo aos vilagarcians?”, pregunta a responsable de Traballo e Benestar.

6 de setembro de 2014 | 14:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.