Apertura dos prazos de solicitude de axudas para adquirir material escolar e uso do servizo de comedor en Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

As concelleiras de Educación e Benestar Social, Kely Monzón e Sara Cebreiro, respectivamente, informan de que ata o vindeiro luns, día 6 de outubro, permanecerán abertos os prazos de presentación de solicitudes para as axudas municipais para adquisición de material escolar e uso do servizo de comedor escolar. As solicitudes deben ser presentadas no Rexistro municipal.

Os beneficiarios das axudas para material escolar serán as familias do alumnado dos primeiro e segundo ciclos de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. O concepto subvencionable será material de papelería non reutilizable tipo cadernos de soporte, material de manualidades, etc. quedando excluídos os libros de texto que sexan subvencionados ou cedidos por outras administracións.

Poden optar a estas axudas os pais ou titores de alumnos matriculados para o curso 2014/2015 nun dos cursos obxecto da axuda e que estean empadroados, tanto solicitante como alumno, no Concello de Mos. Para percibir a axuda os solicitantes deben cumprir co baremo económico BOPDEPO NUM: 176, venres 12 setembro 2014.

Os beneficiarios das axudas para o servizo de comedor escolar serán as familias do alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria. O concepto subvencionable será o servizo de comedor escolar dos CEIPs públicos do Concello de Mos, sempre e cando este non goce de gratuidade.

Ó igual que no caso da subvención para material escolar, poden optar á axuda para o uso do comedor os pais ou titores de alumnos matriculados para o curso 2014/2015 nun dos cursos obxecto da axuda e que estean empadroados, tanto solicitante como alumno, no Concello de Mos. Para percibir a axuda os solicitantes deben cumprir co baremo económico BOPDEPO NUM: 176, venres 12 setembro 2014.

Os interesados en obter máis información sobre ambas axudas, tanto a de material escolar como a de comedor, poden dirixirse ó departamento municipal de Benestar Social en horario de 10.00 horas a 14.00 horas.

29 de setembro de 2014 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.