publicidade hoxe

Apertura do prazo para tramitar inscricións no novo curso da Escola Municipal de Música de Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

Dende o Departamento de Cultura informan que dende o mesmo día de hoxe e ata o 15 de setembro é posible tramitar as inscricións para o novo curso 2014-2015 da Escola Municipal de Música de Laxe que dará comezo no vindeiro mes de outubro.

Todas as persoas, a partir dos 5 anos de idade, interesadas en matricularse poden facelo nas oficinas de cultura e/ou aula de música municipal en horario de 10:00 a 14:00 horas.

No vindeiro curso, Impartiranse as seguintes materias ou disciplinas: linguaxe musical, guitarra, piano, frauta, acordeón e canto moderno.

Para máis información, poden poñerse en contacto co Departamento de Cultura por teléfono no 981 70 69 71 ou por email a cultura@concellodelaxe.com.

1 de setembro de 2014 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.