Apertura do prazo para solicitar axudas para libros escolares no Carballiño
A área de Educación do concello do Carballiño informa de que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para a adquisición dos libros para o presente curso 2014/15. Este prazo estará aberto desde hoxe, martes 2 de setembro, até o 19 do mesmo ,mes.
As axudas están dirixidas a alumnos que cursen durante este ano lectivo educación infantil ou bacharelato. Os interesados en saber se poden acceder a estas axudas que outorga o concello carballiñés poderán informarse na área de Educación, situada na segunda planta da Casa Consistorial, de luns a venres en horario de mañá, de 8:30 a 14:30 horas.











