Apertura do prazo para que os centros de ensino se anoten aos cursos de natación escolar na piscina de Caranza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, ven de remitir cartas informativas sobre o Plan de Natación Escolar aos centros educativos da cidade. Esta proposta deportiva dará comezo no vindeiro mes de outubro e as clases se desenvolverán en horario lectivo de mañá na piscina de Caranza.

Como novidade deste ano, o alumnado de Educación Primaria Obrigatoria (EPO) poderá acudir a estas clases de natación de maneira gratuíta. O número de nenos/as non poderá exceder de 50 por grupo e sesión, agás aqueles grupos nos que acuda algún menor con necesidades especiais que deberá reducir o seu número de alumnos/as.

A Concellería de Deportes correrá a cargo do servizo de monitores e persoal de apoio mentres que o centro escolar só deberá facer fronte ao traslado do alumnado ás instalacións municipais de Caranza. Así, as solicitudes de cada centro educativo deberán presentarse ata o vindeiro 19 de setembro no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, onde se fará constar os días e horarios solicitados así como a persoa encargada do grupo.

5 de setembro de 2014 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.