Apertura do prazo de presentación de solicitudes para as axudas de material escolar
O Concello de Vila de Cruces informa de que xa está aberto o prazo ata o 9 de outubro de 2014 para a solicitude de axudas para a adquisición de material escolar.
Para acceder a dita axuda é preciso presentar a seguinte documentación:
-Fotocopia do DNI da/o solicitante ou pasaporte ou NIE.
-Fotocopia do Libro de Familia ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar coas súas datas de nacemento.
-Xustificación da situación económica e laobral do ano 2013 de todos os membros que configuran a unidade familiar.
-Certificación da matrícula do centro educativo para o curso escolar 2014/2015, no que conste o curso para o que se solicita a axuda.
-Xustificación, no seu cado, do aluguer da vivenda ou amortización do préstamo bancario para a adquisición da mesma (ano 2014)
-Fotocopia de certificación do Grao de Discapacidade e/ou de Dependencia, no caso de que algún membro da unidade familiar estea afectado por ela.
O prazo de presentación concluirá o 9 de outubro de 2014.