Apertura do prazo de preinscrición na Liga de Fútbol 7 en Monforte
A concellería de Deportes pon en marcha a Liga Municipal de Fútbol 7 para a tempada 2014 – 2015.
Para o desenvolvemento da competición o Concello conta coa colaboración da A.D. Veteráns de Monforte, entidade que se encargará da xestión e organización do campionato.
A competición de liga dividirase nun torneo apertura e un torneo clausura. Ademáis haberá unha competición de copa. Finalmente celebrarase un torneo de supercopa que enfrontará ós vencedores dos torneos de apertura, clausura e copa. Os partidos disputaranse os luns a partires das 20:45 h.
O prazo de preinscrición permanecerá aberto dende o día 8 ata o día 22 de setembro. Tódolos equipos interesados en participar na competición deberán cubrir e presentar un modelo de preinscrición que poderán recoller na Oficina Municipal de Deportes, de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 h., ou ben no Campo Municipal Luis Bodegas entre as 17:00 e as 22:00 h. O modelo tamén estará dispoñible para descargar na páxina web do Concello www.monfortedelemos.es
Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, os equipos deberán formalizar a inscrición e entregar toda a documentación solicitada pola organización. O prazo de inscrición será entre o 23 de setembro e o 7 de outubro.
A primeira xornada de liga terá lugar o día 13 de outubro. A competición estará limitada a un máximo de 16 equipos.
O luns día 15 de setembro celebrarase unha reunión informativa no Pavillón Municipal da Pinguela ás 20:30 horas.











