Apertura do prazo de inscrición para os obradoiros lúdicos e educativos do programa Xogoteca
A concelleira de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, Verónica Casal Míguez, presentou esta mañá o programa de conciliación “Xogoteca”, dirixido a menores entre 3 e 12 anos e empadroados no Concello de Ferrol. O prazo de inscrición para participar neste programa de conciliación familiar e laboral estará aberto dende o vindeiro luns, día 29, e as solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral da Casa Consistorial. A edil ferrolá sinalou que este programa se plantexa ”como un lugar complementario á escola e á familia, onde estas poden deixar aos seus menores mentres realizan as súas actividades laborais e persoais diarias”.
Casal Míguez explicou que o programa “Xogoteca” comezará o vindeiro día 9 de outubro “ao día seguinte de que remate o programa Concilia polo que os pais e nais interesados deberán matricularse novamente”. As actividades, de carácter lúdico e educativo, terán lugar de luns a venres, en horario de 16:30 a 19:30 horas no edificio municipal do antigo Hospicio, cuxa rehabilitación completou o Goberno Municipal neste mandato. A edil ferrolá sinalou que “tan pronto como este terminado do edificio infantil cuberto da praza de España serán realizadas todas estas actividades alí”. O programa “Xogoteca” conta con tres grupos, con actividade simultánea, que atenden as franxas de idade de 3 a 6 anos, de 7 a 9 anos, e de 10 a 12 anos, e cada un deles disporá de 15 horas semanais.
Actividades ofertadas
Segundo a gran variedade de obradoiros, a relación de talleres e a franxa de idade para a que están dirixidos é a seguinte:
Menores de 3 a 6 anos:
– Predeporte
– Xogando con fieltro
– Chiquitirritmo
– Gyncana Musical
– Merenda con conto
– Plástica
– Reciclando
– Babyenglish
– Psicomotricidade
– Merenda con cine
– Ciencia divertida
– Pequecheff
Menores de 7 a 9 anos:
-Apoio escolar
-Inglés
-Zumba
-Multideporte
-Creatividade e pintura
-Cociña
-Costura
-Reciclando
-Ciencia divertida
-Cine
Menores de 10 a 12 anos:
– Apoio escolar
– Inglés
– Zumba
– Multideporte
– Manualidades creativas
– Cociña
– Costura
– Reciclando
– Ciencia divertida
– Cine











