Apertura do prazo de inscrición para a visita guiada a Navantia e o Arsenal Militar de Ferrol
A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, abre hoxe o prazo de inscrición para anotarse na visita guiada a Navantia e o Arsenal Militar, que forma parte da programación de actividades para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores. Así, as persoas maiores de 65 anos e empadroadas no termo municipal poderán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro 7 de outubro (incluído) no Rexistro Municipal. O límite de prazas é de 40 e serán por orde de inscrición. A visita con guía a Ruta da Construción Naval terá lugar o vindeiro 10 de outubro e os maiores sairán ás 11:00 horas da praza de Galicia en city-tren.
Entre outras actividades programadas, o vindeiro martes 30 de setembro, o alcalde Jose Manuel Rey Varela participará nun acto de homenaxe aos maiores no Pazo Municipal. Así mesmo, se impartirán charlas sobre alimentación saudable entre os días 2 e 6 de outubro en diferentes centros da cidade. Concretamente, o día 2 se desenvolverán ás 10:30 horas no Centro de Maiores Caixa Galicia e ás 17:30 horas nas Aulas da terceira idade (ATEGAL), mentres que o día 6 ás 11:00 horas se realizarán no Centro Sociocomunitario de Benestar Social da Xunta de Galicia -situado na rúa Real-.
Ademais, o vindeiro día 1, se servirá nos comedores sénior da cidade, situados no Ensanche A –rúa Río Xubia-, Caranza, e os novos equipamentos de San Pablo-Catabois e Esteiro, un menú especial para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores, e tamén se realizará uns murais para que as persoas poidan expresar os seus sentimentos e compartir momentos de lembranza. O menú especial para celebrar este día inclúe: luras á romana, croquetas e embutido variado, de entrantes; sopa de cocido como primeiro prato; o segundo será cocido; e pasteis e froita variada de sobremesa.











