publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición para a escola de gaitas, percusión, canto e pandeireta en Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

O Concello de Bande abriu o prazo de inscrición, ata o día 3 de outubro, para as clases de gaita e percusión (a partir de 6 anos), canto e pandeireta (a partir de 4 anos).

Esta actividade realízase en colaboración coa Escola Provincial de Gaitas de Ourense.

Cristina Pumar Rico e Marco Foxo serán os profesores ao fronte deste novo curso. As clases serán gratuítas, os sábados, a partir do día 4 de outubro, na casa do concello en horario de 12:00h. a 13:30h.

18 de setembro de 2014 | 11:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.