Apertura do prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O concello de Monforte presenta a súa oferta de Escolas Deportivas Municipais para o curso 2014 – 2015. A oferta deportiva para esta campaña estrutúrase en escolas deportivas para rapaces/rapazas e escolas deportivas para adultos:

ESCOLAS DEPORTIVAS PARA RAPACES/RAPAZAS:

-Fútbol

-Golf

-Pádel

-Porteiros de Fútbol

-Ximnasia Rítmica

-Patinaxe Artística

-Kung Fu

-Zumba Infantil

-Multideporte

-Xadrez

ESCOLAS DEPORTIVAS PARA ADULTOS:

-Ximnasia de mantemento

-Ioga

-Tai Chi

-Zumba Adultos

-Xadrez

A actividade de cada unha das modalidades deportivas comezará no mes de outubro e o prazo de inscrición estará aberto a partir do mércores día 3 de setembro.

O custo por alumno e escola é de 92,70 € por curso. O curso terá unha duración de 8 meses, comezando a actividade no mes de outubro e rematando no mes de maio de 2015.

Para máis información e inscricións deben dirixirse á Oficina Municipal de Deportes, situada nas Casiñas da Compañía, tlf. 982-875-430, ou na páxina web do Concello www.monfortedelemos.es, na sección de Deportes.

2 de setembro de 2014 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.