Apertura do prazo de inscrición da Escolas Deportivas de Verín para a tempada 2014-2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O luns 15 de setembro iníciase o prazo de inscrición das Escolas Deportivas Municipais, co obxecto potenciar a realización de actividades deportivas e lúdicas durante o desenvolvemento do curso escolar. Devanditas actividades, que se iniciarán o 01 de outubro e concluirán o 28 de maio de 2015, divídense en dúas especialidades: Escolas Infantís-Xenéricas e Escolas de Especialización Deportiva.

1. Escolas Infantís-Xenéricas:

a) Pequexogos: iniciación ao movemento e á educación física do neno.

– Horario: Martes e Xoves (18.15 a 19.00 horas).

– Participantes: Nenos/as nados/as no ano 2011.

– Lugar: Ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes.

b) Psicomotricidade: equilibrio, coordinación óculo-manual e podal, xiros, tipos de desprazamentos diferentes ou    golpeos a elementos externos son algúns dos conceptos a traballar.

– Horario: Luns e Mércores (17.30 a 18.15 horas) // Martes e Xoves (17.30 a 18.15 horas).

– Participantes: Nenos/as nados/as nos anos 2009 e 2010.

– Lugar: Ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes.

c) Xogo e Deporte: constitúe o inicio ás capacidades motoras básicas, e se traballa a forza, a velocidade ou a axilidade.

– Horario: Luns e Mércores (18.30 a 19.15 horas).

– Participantes: Nenos/as nados/as nos anos 2007 e 2008.

– Lugar: Frontón do Pavillón Municipal de Deportes.

2. Escolas de especialización deportiva:

O obxectivo básico é pór ao/á neno/a en contacto coa actividade deportiva concreta, tendo en conta os seus intereses, a súa motivación ou as súas recomendacións técnicas. As actividades son:

a) Fútbol – Sala

– Horario: Luns e Mércores:

Nenos/as (2007 e 2008) = Grupo 1 de 17.15 a 18.00 horas.
Nenos/as (2005 e 2006) = Grupo 2 de 18.00 a 18.45 horas.
Nenos/as (2003 a 2004) = Grupo 3 de 18.45 a 19.30 horas.
Nenos/as (1999 a 2002) = Grupo 4 de 19.30 a 20.30 horas.

– Lugar: Pavillón do Complexo Deportivo A Granxa.

b) Aeróbic Infantil

– Participantes: Nenos/as nados/as dende 1999 a 2007.

– Horario: Luns e Mércores (18.00 a 18.45 horas).

– Lugar: Piscina Climatizada.

c) Danza Oriental

– Participantes: Nenos/as nados/as dende 2000 a 2007.

– Horario: Xoves (19.00 a 20.15 horas).

– Lugar: Ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes.

d) Tenis

– Participantes: Nenos/as nados/as dende 2000 a 2007.

– Quendas: Luns e Mércores / Martes e Xoves.

– Lugar: Pavillón do IES Xesús Taboada Chivite.

– Reunión o 02 de outubro, ás 18 horas, para establecer os horarios. Participación en Circuíto Escolar.

e) Urban Infantil: hip-hop e bailes modernos

– Participantes: Nenos/as nados/as dende 2000 a 2007.

– Horario: Luns e Mércores (17.15 a 18.00 horas).          

– Lugar: Piscina Climatizada.

 f) Urban Xuvenil: cramp, hip-hop, popping, funky

– Participantes: Nenos/as nados/as dende 1999 a 2007.

– Horario: Luns e Mércores (19.00 a 19.45 horas).          

– Lugar: Ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes.

g) Acrosport

– Participantes: Nenos/as nados/as dende 2000 a 2007.

– Horario: Martes e Xoves (Grupo Iniciación -17.30 a 18.30 horas, inclúe ximnasia rítmica orientada ao ACRO-, Grupo Intermedio -18.30 a 19.30 horas- e Grupo Avanzado -19.30 a 20.30 horas-).

– Lugar: Frontón do Pavillón Municipal de Deportes.

h) Atletismo

– Participantes: Nenos/as nados/as dende 1998 a 2003 (Grupo Maxi) e dende 2004 e 2007 (Grupo Mini).

– Horario: Grupo Mini (luns e mércores, de 17.30 a 18.30 horas) // Grupo Maxi ( luns e mércores, de 18.30 a 19.30 horas).

– Lugar: Pista Central do Pavillón Municipal de Deportes.

i) Baloncesto (impartido polo Club Baloncesto Xuventude Verín coa colaboración do Concello de Verín)

– Categorías: cadete masculino e feminino (1999-2000), infantil masculino e feminino (2001-2002), alevín mixto (2003-2004), benxamín mixto (2005-2006) e pequebasket (2007-2008).

– Consultar horarios e prezos co Club Baloncesto Xuventude Verín (646-137239 ou 636-573545)..

Con todo, tamén se desenvolverán actividades complementarias como Xadrez (coa realización do 2º Torneo de Nadal de Xadrez, organizado polo Concello de Verín e o CDR Portas Abertas), Tenis Circuíto Escolar (participación en intercambios deportivos) e Atletismo (asistencia a carreiras de competición durante a tempada).

O proceso de inscrición, que se debe realizar no Pavillón Municipal de Deportes (luns a venres, de 10 a 14 e 17 a 20 horas. Teléfono: 988-411140. Correo electrónico: pabellon@verin.net) consta de dúas fases: confirmación de praza para os/as antigos/as alumnos/as (do 15 ao 19 de setembro) e novos/as alumnos/as (a partir do 22 de setembro). Os prezos para formar parte das Escolas Deportivas Municipais son de 56,50 euros (Tarxeta do Eurocidadán/a ou empadroados/as no Concello de Verín) e de 70,60 euros (non posúe Tarxeta do Eurocidadán/a ou non están empadroados/as no Concello de Verín). No caso do baloncesto a inscrición debe formularse co Club Baloncesto Xuventude Verín (646-137239 ou 636-573545).

13 de setembro de 2014 | 14:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.