Apertura do prazo de inscrición da Escola Municipal de Música e Danza de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Está aberto o prazo de inscrición da Escola Municipal de Música e Danza do Concello de Monforte de Lemos. Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00h, ou ben en horario de tarde entre as 17:00h e as 19:00h.

Especialidades que se ofertan en música e danza:

MÚSICA

– Música e Movemento (nenos entre 4 e 5 anos)

– Percusión ( bateria, percusión moderna)

– Percusión galega (pandeireta, tamboril, bombo, pandeiro).

– Teclado e Acordeón

– Guitarra española, Guitarra eléctrica

– Gaita, Clarinete, Frauta traveseira, Saxofón.

– Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba

En música, completarase a ensinanza instrumental con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na escola.

DANZA

– Danza tradicional Galega(a partir de 3 anos, formaranse grupos por idades)

– Danza moderna(a partir de 9 anos, formaranse un grupo)

– Ballet clásico(a partir de 6 anos, formaranse dous grupos por nivel, nivel 1 e 2)

– Baile de Salón (adultos, formaranse dous grupos)

Formaranse grupos colectivos de ata 20 alumnos como máximo.

Dende o concello, con todas estas especialidades, intenténtase consolidar unha oferta ampla e variada para escola, tanto en música como en danza.

4 de setembro de 2014 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.