Ao Azkar Lugo tócalle pensar no Jaén Paraiso Int

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo F.S. inicia unha nova semana pensando xa na súa visita ó Jaén Paraíso Interior, o vindeiro sábado (18:00 horas – Pabellón Municipal da Salobreja).

O equipo de Javier Albes traballará ó longo da semana preparándose para afrontar o partido nas mellores condicións para poder sumar os seus primeiros puntos desta tempada, farao pendente tamén da evolución dos seus xogadores lesionados Alex Diz e Cospe, este último sufriu un problema muscular no partido ante o Uruguay Tenerife. Na tarde do martes disputarán un partido amigable no centro penitenciario de Monterroso ante os reclusos.

Así se desenvolverá o traballo semanal:

Luns 29:

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Martes 30:

10:30 horas: Sesión Física (Municipal)

17:30 horas: Partido Amigable (Centro Penitenciario de Monterroso)

Mércores 1:

10:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Xoves 2:

19:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

00:00 horas: Saída cara Jaén (Centro Deportivo Terra)

Venres 3:

11:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Pabellón A Salobreja)

Sábado 4:

18:00 horas: Jaén Paraíso Interior –  Azkar Lugo F.S.

Domingo 5:

29 de setembro de 2014 | 11:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.