Análise dos orzamentos e temas organizativos nos plenos dos consorcios contra incendios de Verín e A Limia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu hoxe as sesións dos plenos ordinarios dos consorcios contra incendios e salvamento de Verín e da Limia, reunión na que tamén participou o director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, e os alcaldes e representantes dos concellos que engloban os consorcios.

Na orde do día de ámbalas dúas xuntanzas deuse conta da liquidación do orzamento de 2013 e da aprobación da conta xeral correspondente a dito exercicio. Ademais, acordouse prorrogar o contrato de concesión da xestión indirecta do servizo de intervención en emerxencias destes consorcios, e polo que respecta ao consorcio da Limia presentouse tamén a memoria de 2013.

A Deputación de Ourense está a impulsar a coordinación dos consorcios dos parques de bombeiros da provincia para mellorar a súa xestión tanto administrativa como técnica e de intervención a través da unificación deste entes no Consorcio Provincial de Incendios. “Esta unidade de acción permitirá incrementar a eficacia na xestión integral, redimensionar custes e mellorar a coordinación de actuacións, tendo sempre en conta que o primeiro é velar pola seguridade das persoas e do medio ambiente”, afirma Manuel Baltar.

3 de setembro de 2014 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.