Aínda quedan prazas para a oferta formativa da Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

No mes de setembro inicia o curso escolar e tamén a actividade que ten programada para este ano a asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas, entidade que forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

Os cursos de competencias clave e graduado na ESO son os primeiros que inician, o 15 de setembro, en horario de 10:30 a 13:00 horas durante os luns, mércores e venres. Os dous son de carácter gratuíto durante este ano.

Outras iniciativas que entran dentro da oferta formativa que presenta a entidade, son a impartición de clases de informática durante os martes e xoves de 10:30 a 12:30 horas e clases de teatro e comunicación os xoves de 18:30 a 19:30 horas.

Tamén haberá clases de conversación en inglés e francés, orientación laboral, autoestima, a escola de aprender a comer e xestión do fogar dentro do programa lectivo para este ano que desenvolve Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas.

Todos os cursos ofertan unha totalidade de quince prazas, tendo prioridade para cubrilas as persoas con discapacidade asociadas á entidade pero, en caso de non cubrirse estas prazas, poderán acudir calquera persoa.

Para as persoas interesadas en asistir a calquera destes cursos, deben contactar no teléfono 981 930 544 en horario de oficina de 8:30 a 14:30 e os luns, mércores e xoves de 16 a 20 horas.

9 de setembro de 2014 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.