AFAL leva as súas mesas informativas a Parque Ferrol e Alcampo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

AFAL Ferrolterra inaugurará este sábado o programa de actividades que deseñou para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer. E farao cunha acción informativa. Así, a asociación, grazas á colaboración de Parque Ferrol e Alcampo, instalará en ambos os centros comerciais as súas mesas informativas e petitorias.

No primeiro, permanecerá durante toda a xornada, entre as 10 e as 20 horas, mentres que no segundo farao en horario de mañá, de 10 a 14 horas. A través desta iniciativa, AFAL Ferrolterra dá a coñecer á sociedade a enfermidade, así como o labor que desenvolve nos centros de día que xestiona na cidade naval para mellorar a calidade de vida de enfermos e familiares. E, ao tempo, solicita a colaboración económica da cidadanía para, a través das súas achegas, continuar ese traballo.

A acción repetirase ao longo do mes. Deste xeito, AFAL Ferrolterra instalará de novo as súas mesas no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide e no Hospital Naval o día 16 de setembro, entre as 9,30 e as 13,30 horas. O 17, a iniciativa repetirase en diferentes puntos a pé de rúa en Ferrol, nese mesmo horario.

4 de setembro de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.