AFAL Ferrolterra celebra o cuarto aniversario do Centro de Día da Rede Pública

Festa aniversario
Os maiores, as familias e o equipo de profesionais de AFAL Ferrolterra celebraron o pasado luns o cuarto aniversario do Centro de Día Terapéutico da Rede Pública, situado na antiga Casa do Mar da cidade naval. Unhas instalacións que abrían as súas portas un 21 de setembro de 2010, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer.
Así, para festexar tan sinalada data, a familia de AFAL programou unha tarde de festa na que non faltaron as manualidades, a merenda e a mellor música, grazas á colaboración do cantante Joselo. Desde as tres da tarde, a pintora e profesora María Porto axudou aos maiores a pintar un fermoso cadro coa imaxe de AFAL e o lema “Eu non me esquezo”. Tras as manualidades, os maiores, xa acompañados das súas familias, participaron nun baile amenizado polo cantante e colaborador incansable da asociación Joselo. Tampouco se perderon a oportunidade de fotografarse co cadro e os seus familiares e, xa para pechar a festa, unha merenda a base de diferentes tortas, bizcochos e re-frescos.











