AFAL e o Concello de Narón organizan unha charla sobre o Alzhéimer en Narón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolNarón
A-
A+

A presidenta de AFAL Ferrolterra, Milagros Prieto Gondell, anunciou esta mañá que, en colaboración co Concello de Narón, a asociación levará a cabo unha charla informativa sobre o Alzhéimer. Será este venres, 3 de outubro, no Centro Municipal Manuela Pérez Sequeiro. A partir das cinco da tarde, e con entrada libre, a prestixiosa neuróloga Mercedes Macías impartirá a conferencia. Centrará a súa intervención nos diferentes tipos de demencias e nas características de cada unha delas.

Nesta liña, Milagros Prieto apuntou que a actividade porá o broche de ouro ao extenso programa de actividades deseñado por AFAL Ferrolterra para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer. Programa que incluíu, entre outras accións, peditorios, a tradicional Cea Solidaria, o Circuíto do Alzhéimer ou unha xornada de portas abertas no Centro de Día Terapéutico da rúa río Castro, en Ferrol.

29 de setembro de 2014 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.