ACIGU organiza un curso de loita contra incendios na Guarda
ACIGU C.C.A como membro da Confederación de Empresarios de Pontevedra CEP e a Confederación de Empresarios de Galicia CEG, organizan unha xornada de Loita Contra Incendios e Manexo de Extintores e BIES na Guarda, con financiamiento da Xunta de Galicia.
O Curso que se realizará o próximo 15 de Setembro cunha parte teórica que se celebrará nas nosas instalacións (R. Agustín Nandín Lomba Nº4 da Guarda) e as prácticas no Grupo de Emerxencias Supramunicipais da Guarda (GES).
Na parte Teórica do programa trataranse aspecto como a seguridade persoal e colectiva, traballo en equipo e posibilidade de medios de extinción; e na parte práctica onde os alumnos participarán de forma activa no manexo de medios de extinción con lume real e supervisados polos instrutores.
Este Curso que conta como máximo 20 prazas, poderán participar todas as persoas que o desexen dando prioridade aos asociados e traballadores das empresas asociadas a ACIGU C.C.A.
A documentación requirida para este Curso será:
+ Traballadores por conta Allea: Fotocopia DNI + Cabeceira última Nómina.
+ Autónomos: Fotocopia DNI + Último recibo de autónomos pago.
+ Desempregados: DNI + Cartón demanda de Emprego + Vida Laboral.
Para apuntarse a este curso poden realizalo ao seguinte correo: acigucca@gmail.com











