publicidade hoxe

Acción formativa en Verín para a obtención do graduado en ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O Concello de Verín, a través da Escola de Familia municipal, pon en marcha unha nova acción formativa destinada á preparación das probas libres para a obtención do graduado en ESO, que terán lugar os meses de maio e setembro de 2015.

As probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria constitúen unha vía extraordinaria para acceder a titulación básica oficial do sistema educativo, permitindo ademais a continuación dos estudos de Bacharelato ou de ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño. Para presentarse a estas probas, dirixidas a maiores de 18 anos ou que cumpran esta idade no 2015 e aínda non teñan esta titulación, non é necesario ningún requisito académico (con todo, as persoas interesadas poden estar exentas de realizar algunha proba, en función dos estudos previamente realizados).

A inscrición debe realizarse no servizo de Educación Familiar (Avda. de Portugal, 11 bis), no correo electrónico educadorafamiliar@verin.net ou no teléfono 988-414776; ou tamén no no edificio municipal do Lavadoiro (situado na esquina das rúas Rosalía de Castro e Lavadoiro) ou no teléfono 988-411468.

Esta acción formativa atópase enmarcada dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal, posta en funcionamento polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, e na que tamén se inclúen outras actividades como ‘Kero-Informátika’, ‘Kero-Kolo’, ‘Kero-Kedar ‘ABC de Costura’, Club de Calceta ‘Tecendo Soños’, ‘Sabedoría dos Recordos’, titoría de acompañamento sociolaboral e socioeducativa personalizada, ‘Se queres, podes’ ou accións formativas de reforzo educativo entre outras. A iniciativa da Escola de Familia Municipal naceu como lugar de encontro, de formación e de intercambio de ideas, experiencias e actividades para todos/as verinenses, que incremente a sensibilización cidadá neste sentido. Está enfocada cara o desenvolvemento positivo de actividades que potencien competencias e actitudes cun carácter pragmático, con mensaxes sinxelos e claros entre as persoas participantes, na que se traballará o esforzo, a cooperación, a responsabilidade, igualdade, autonomía, respecto, aprendizaxe continuo, desexo de saber, creatividade, espírito crítico, asunción de riscos e aceptación de erros.

25 de setembro de 2014 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.