Ábrese o prazo de inscrición para as actividades deportivas da piscina climatizada de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro luns 15 de setembro iníciase o prazo de inscrición das actividades deportivas ofertadas na Piscina Climatizada do Concello de Verín (tempada 2014-2015).

As datas de inscrición establecidas para os cursos (dos/as socios/as apuntados/as ata o mes de xuño de 2014) son as seguintes: renovación de socios/as con curso para mesmo día e horario (15 e 16 de setembro), renovación de cursos só cursillistas (17 de setembro), renovación de socios/as con curso para cambio de día ou horario (18 de setembro), socios/as que queiran apuntarse en algún curso (19 de setembro), novos/as socios/as empadroados/as ou eurocidadáns/nas que queiran apuntarse en algún curso (22 e 23 de setembro) e novos/as socios/as non empadroados/as ou non eurocidadáns/nas que queiran apuntarse en algún curso (24 e 25 de setembro). O horario da Piscina Climatizada de Verín é o seguinte: de luns a venres (07.30 a 12.30 e 16.00 a 23.00 horas), sábado (09.00 a 13.00 e 16.00 a 20 horas) e domingo (10.00 a 13.00 horas).

Os cursos que se ofertarán esta tempada son: natación (adultos, bebés, infantil e colectivos), aquagym, wellness, aerotono, zumba, pilates, spinning e tonificación muscular (G.A.P.), ademais das novidades power-dumbell, step, aero-box, tonificación e tonificación tren superior e abdominais.

4 de setembro de 2014 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.