publicidade hoxe

A XXXVII Romaxe de Crentes Galegos de Vitre agarda a visita de 4.000 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFrades
A-
A+

A Carballeira das Virtudes, na parroquia de Vitre (Frades), volverá a acoller unha multitudinaria festa popular este sábado. Cos ecos da Romaría da Nosa Señora das Virtudes aínda recentes, Vitre acollerá este sábado 13 de setembro a XXXVII Romaxe de Crentes Galegos, organizada pola asociación Irimia e que conta coa previsión de reunir a entre 4.000 e 6.000 persoas de toda Galicia.

A Romaxe de Crentes Galegos é un encontro que se realiza o segundo sábado de setembro de cada ano nun lugar distinto de Galicia desde hai xa 36 anos. Segundo explican dende a asociación Irimia, “nesta romaría xúntanse xentes de todo o país para celebrar a fe cristiá e a pertenza a un pobo cunha lingua e cultura de seu”.

Celébrase sempre en espazos naturais ao ar libre, cada ano a romaxe xira arredor dun lema. A deste ano será “Chamamos pola Irmandade” e “reinvidicará nos textos e nos cantos que só hai un camiño para acabar coa desfeita que estamos a vivir: volver recuperar a fraternidade como a causa común que permitirá que xorda outro mundo posible e cada vez máis necesario”, apuntan dende Irimia.

Grupos da contorna

O encontro comezará ás 11:00 horas coa recepción dos romeiros. Agárdase a chegada de 30 autobuses procedentes de distintas comarcas de Galicia, ademais dos que acudan nos seus vehículos. Ás 12:00 horas terá lugar unha celebración relixiosa que dará paso ao xantar. Haberá polbeira do Carballiño e servizo de bar, con venda de pan, empanadas e queixo da contorna. Tras o xantar haberá actuacións teatrais e musicais protagonizadas polo grupo “A Quenlla”, polo grupo de música tradicional “Sarillo” de Aiazo (Frades) e polo grupo de gaitas e baile tradicional de Mesía.

9 de setembro de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.