publicidade hoxe

A Xunta promociona o turismo náutico de Galicia na feira Grand Pavois en Francia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Stand de Turismo de Galicia

Stand de Turismo de Galicia

A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia e a entidade Portos de Galicia, promoverá o turismo náutico da comunidade galega na feira especializada Grand Pavois, que se celebrará na cidade francesa de La Rochelle entre os días 17 e 22 de setembro.

Esta é a segunda edición consecutiva na que a Xunta de Galicia participa nesta feira, co obxectivo de atraer navegantes do norte de Francia cara ao litoral galego.

Deste xeito, Turismo de Galicia instalará un stand de 48 metros cadrados no recinto feiral de La Rochelle, dende o que difundirá e dará a coñecer as instalación e servizos náuticos de Galicia, así como os recursos e os produtos turísticos relacionados co turismo náutico.

Salón náutico

A feira Grand Pavois constitúe un dos principais escaparates para a promoción da náutica deportiva en Francia.

Celebrado por primeira vez no ano 1973, está catalogada como unha das feiras máis importantes de Europa no seu ámbito.

O salón conta con 100.000 metros cadrados de exposición e 860 expositores que representan a 35 países de todo o mundo.

17 de setembro de 2014 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.