publicidade hoxe

A Xunta mostra a súa desconformidade polo traslado a Cádiz de parte do flotel de Navantia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

A Xunta de Galicia mostrou este venres a súa “desconformidade” ante a “posible” decisión de Navantia Ferrol de trasladar parte da construción do flotel para Pemex ás instalacións de Cádiz, e apelou ao “sentido común” da empresa.

En declaracións aos medios antes de participar nun acto en Vigo, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, sinalou que o Goberno galego non está “conforme” con esa medida, aínda que recoñece que o desvío de carga de traballo “non é unha situación nova” e pode haber reestruturacións en pequenas partes das construcións e a facturación.

No entanto, insistiu en que a Xunta e Navantia “sempre” traballaron cunha planificación para que o estaleiro público respondese aos prazos previstos”. “Débense articular todas as medidas para que a construción do flotel responda á planificación deseñada no seu momento”, indicou.

Conde apuntou que “debe imperar o sentido común” para que “a construción sexa por parte de Navantia segundo os prazos previstos”. En calquera caso, apuntou que o goberno galego “non ten coñecemento directo do alcance desta decisión”.

26 de setembro de 2014 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.