A Xunta de Goberno Local de Vilagarcía rexeita o recurso do Arosa S.C. pola subvención presentada fóra de prazo
A Xunta de Goberno Local acordou na reunión de hoxe rexeitar o recurso de alzada interposto polo Arosa S.C. en relación á subvención solicitada fora de prazo polo club. A decisión do executivo local adóptase en base ao informe dos servizos xurídicos do Concello no que se expón que “procede rexeitar a recusación pretendida e desestimar o recurso de alzada interposto polo Arosa S.C contra o acordo do Consello Reitor da FPSDM adoptado o 1 de xullo de 2014.
A resolución adoptada pola XGL refírese exclusivamente ao recurso de alzada e aos argumento expostos nel polo club. Posto que non procede por tratarse de trámites diferentes en organismos independentes, o informe da Secretaria do Concello non entra a valorar o acordo co que o Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes denegou ao Arosa a solicitude de subvención para o deporte federado que convoca anualmente este organismo, nin as circunstancias do mesmo. O Consello Reitor é o órgano competente para resolver a convocatorias das súas axudas, mentres que a Xunta de Goberno Local é a instancia superior á que se dirixe o recurso de alzada que agora se resolve.
O acordo da XLG tomouse por unanimidade. A independencia de ámbolos dous órganos e as competencias e funcións propias de cada un deles explica o posicionamento dos seus membros en común. A postura dos representantes do PP no Consello Reitor sustentouse en función ao principal obxectivo que ten a Fundación que preside -fomentar o deporte local e axudar aos clubs do municipio a que dispoñan dos medios para favorecer o deporte base e federado- e en base aos criterios seguidos en anos anteriores por todos os membros do Consello, que foron moito máis flexibles para lograr que todos os clubs tiveses acceso ás axudas, e mesmo coa flexibilidade amosada por parte dos representantes de BNG e PSOE noutros puntos da mesma reunión na que se denegou a petición do Arosa.
O Arosa S.C. Baseou o recurso de alzada presentado ante o Concello contra ao acordo da Fundación denegándolles a subvención, en que representante nomeado polo grupo municipal do PSdG no Consello Reitor debería terse abstido na votación, ao entender o recorrente que o conselleiro tiña “interese persoal” por ser membro do Club Xadrez Fontecarmoa. Segundo os recorrentes, a denegación da axuda ao Arosa suporía o incremento da que recibiría o seu club.
O informe xurídico do Concello “non aprecia interese persoal” do representante socialista xa que non é “administrador” da sociedade ou da persoa supostamente interesada, senón “director deportivo, e a súa participación no Consello Reitor “como a dos restantes membros”, “ven motivada pola súa experiencia e relación co sector deportivo, polo que, practicamente é imposible que os membros carezan de vínculos ou relación coas entidades deportivas que presentan solicitudes de subvención”.
Antecedentes
O Arosa .C. presentou recorreu o 18 de xullo ante a Fundación a resolución do Consello reitor pola que se desestimaba a súa solicitude de subvención por presentarse fora de prazo”. Ese recurso foio desestimado pola secretaría da Fundación ao corroborar o incumprimento dos prazos e advertir que “os términos e prazos obrigan ás autoridades e persoal ó servizo das Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, así como ós interesados nos mesmos (art. 47 da Lei 30/1992 de 26 de novembro LRJPAC.
Con data do 1 de agosto o Arosa ampliou o recurso de alzada co argumento relativo ao suposto “interese persoal” do representante no Consello nomeado polo PSOE. Esta ampliación foi elevada ao órgano superior competente, a Xunta Local de Goberno do Concello e é o que se resolveu hoxe.











