A Xunta de Goberno de Ourense aproba o convenio coa Axencia Galega de Industrias Culturais
Esta mañá a Xunta de Goberno Local aprobou o convenio entre o Concello de Ourense e a Axencia Galega de Industrias Culturais – Agadic. Trátase da programación incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios para 2014, e que no caso de Ourense consta dun total de 11 espectáculos adicados ao público infantil.
Esta programación infantil, que xa é todo un éxito entre os máis cativos, foi presentada fai uns días pola Concellería de Cultura. Dende setembro a decembro, pasarán polo Auditorio Municipal compañías como A tropa de trapo, Trompicallo, Barafunda, Ghazafelhos, Os Monicreques de Kukas, La Tartana Teatro, Educa Teatro Produccións ou Xoan Curiel.











