A Xerencia da Área Sanitaria confirma a próxima cobertura da praza de pediatría no Centro de Saúde de Cedeira
O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, dirixiuse esta semana á Xerencia da Área Sanitaria para abordar a situación do servizo de Pediatría no Centro de Saúde da vila. Dende hai tempo, un facultativo compatibiliza a atención en Cedeira e Valdoviño, despois de que o médico titular solicitase o seu traslado fóra da Comunidade Autónoma. Nesta liña, o rexidor explicou que a Xerencia lle confirmara que esta situación é transitoria e que, a curto prazo, incorporaráse un pediatra ao Centro de Saúde de Cedeira. Así mesmo, trasladáronlle que a urxencia coa que o anterior pediatra solicitara o cambio impediu ata a data dar cobertura doutro xeito ó servizo. En todo caso, garantizáronlle a intención da Xerencia de cubrir no menor tempo posible esa praza de xeito permanente.











