publicidade hoxe

A Volta Ciclista a España pasa por Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O vindeiro día 10 de setembro a Volta Ciclista a España pasará polo Concello de Oleiros. Por tal motivo infórmase de que entre as 15:00 e as 16:00 horas, as estradas AC-163 (Lorbé-Mera), AC 173 (Mera-Ponte da Pasaxe) e a avenida de Alfonso Molina cortaranse totalmente ao tráfico.

Recoméndase como rutas alternativas as seguintes:

– Aqueles que se dirixan cara á Coruña poderán facelo polo Burgo, Acea da Ma, Fonteculler, avda. da Pasaxe, As Xubias.

– Os que se dirixan cara ao norte do concello (Lorbé, Mera, etc.) poderán facelo pola vía Ártabra aínda que poden atoparse cun corte momentáneo do tráfico.

Os horarios son aproximados aínda que o corte previsto terá unha duración que oscilará entre os 20 e os 30 minutos.

9 de setembro de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.