A Volta Ciclista a España deixará máis de 1,5 millóns de euros de facturación en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+

vuelta ciclistaA Deputación de Pontevedra estimou que as dúas etapas da Volta a España que transcorreron pola provincia pontevedresa deixarán máis de 1,5 millóns de euros de facturación en establecementos privados en concepto de manutención e aloxamento.

   A través dun comunicado, a institución provincial explicou que a auditoría que realizou o estudo de impacto económico cifrou en 600.000 euros a ganancia en cada cidade de final de etapa, e en 300.000 euros nas cidades de saída de etapa.

   Ademais, informou de que a caravana que leva A Volta a España consta de 2.600 persoas e ocupou 16 hoteis da provincia de Pontevedra. En concreto, o persoal aloxouse en Tui, Vigo, Mondariz, Cambados, Pontevedra, Silleda e Lalín.

   Así mesmo, a audiencia conseguida na súa emisión en televisión durante unha das etapas que transcorreron por Pontevedra –entre A Estrada e Monte Castrove– foi de 1,8 millóns de espectadores.

   A Volta a España acreditou a 410 xornalistas nas dúas etapas pontevedresas e a caravana estivo acompañada por 460 vehículos da organización, publicidade, Garda Civil, entre outros.

13 de setembro de 2014 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.