publicidade hoxe

A Universidade Popular de Ourense amplía a 119 a súa oferta de actividades formativas para adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Universidade de Popular do Concello de Ourense chega ao seu vixésimo aniversario ampliando a súa oferta de actividades formativas, dirixidas a persoas maiores de 16 anos.

A concelleira de Educación, Ana Garrido e a coordinadora do programa, Sonia Canal presentaron esta mañá unha nova edición deste programa municipal, correspondente ao curso 2014/2015, na que desenvolverá un total de 119 actividades formativas (7 máis ca no curso anterior). A oferta dá continuidade a propostas xa desenvoltas en cursos anteriores cun gran éxito de participación e 42 novas actividades.

Este programa municipal, que cada ano medra en número de participantes, obtivo o ano pasado a cifra récord de 2.537 alumnas e alumnos nas súas diferentes actividades formativas.

119 propostas incluídas en 5 bloques temáticos

O programa da Universidade Popular para este curso consta de 119 actividades, divididas en 5 bloques:

Idiomas: 7 cursos de Inglés, chino, francés, lengua de signos, italiano, alemán

Informática: 13 cursos presenciais ou a distancia: Informática básica, Internet, Deseño gráfico, photoShop, creación de portais web entre outros

Corpo/Saúde/calidade de vida, con 23 propostas: exercitación da memoria, nutrición, control do estrés, primeiros auxilios, ximnasia de mantemento, defensa persoal, ritmos latinos ou danzas urbanas, entre outras.

Cultura/Coñecemento/Tempo libre/afición: 15 cursos de fotografía, arte, coñecemento do patrimonio ourensán, literatura, poda, agricultura ecolóxica, micoloxía ou cata de viños

Intervención social e formación para o emprego. Actividades de tipo profesional: 31 actividades: coaching, protocolo, escaparatismo, confección de nóminas, redes sociais, estilismo…

– Artesanais/Obradoiros: 30 actividades, sobre artes plásticas, pintura, ilustración, bisutería, scrapbooking, conservación de antigüidades, modelado en barro

Inscricións on line

A Concellería de Educación abrirá o prazo de preinscrición dende pasado mañá, mércores, 1 de outubro, ata o día 31. Como novidade, este ano realizarase a preinscrición online, a través da Concellería www.educacionourense.com, cubrindo un formulario que se colgará na web o propio día 1 ás 9:00 horas. É importante facelo canto antes, xa que á hora de adxudicar as prazas, terá preferencia a orde de entrada das solicitudes.

As persoas que o precisen poden solicitar axuda ou máis información na Concellería de Educación, na Praza de San Martiño, 2, 1º, de 9:00 a 14:00 horas o una Oficina de Atención ao Cidadán (Praza de Santa Eufemia, 6, baixo), de 16:00 a 20:00 horas.

Poderán inscribirse un máximo de 4 actividades. O custe da matrícula é 33 euros, a abonar no momento da conformación da admisión.

29 de setembro de 2014 | 12:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.