A Sala de Exposicións de Verín acolle ‘Expoarte 2014’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Unha selección dos traballos realizados no pasado curso nas Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín forman ‘Expoarte 2014’, mostra que acolle a nova Sala de Exposicións de Verín, do 18 de setembro ao 11 de outubro. A exposición, que se inaugurará mañá ás 19 horas, pode visitarse de luns a sábado, ambos os dous incluídos, entre as 10 e ás 14 e das 17 ás 20.30 horas.

As especialidades que ofrecen as Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios son cerámica, pintura (debuxo, óleo, acrílico e pastel) e talla en madeira. No pasado curso participaron nestas actividades que promove o Concello de Verín 123 alumnos/as cunha idade mínima de 18 anos.

Estas aulas tratan de cubrir un dobre obxectivo: uso creativo do tempo de lecer e capacitación profesional (estes/as alumnos/as poden acceder ao Carné de Artesán despois de catro anos de formación no centro). As clases na Escola de Artes e Oficios de Verín impártense en horarios que tratan de ser accesíbeis á demanda dos/as usuarios/as e as posibilidades dos/as docentes, entre a segunda quincena de setembro e a primeira de xuño.

17 de setembro de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.