A residencia de Maiores do Cornuval ofrecerá unicamente prazas públicas

Beatriz Mato na reunión co alcalde do Carballiño
A conselleira de Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, confirmou hoxe ao alcalde do Carballiño, en entrevista realizada na propia Consellería, que en breve, e sempre antes de fin de ano, porá a concurso a externalización da xestión desta residencia, a cal únicamene poderá ser utilizada por persoas procedentes do sistema público de reserva, deixando pechada a porta á posible utilización de forma privada das súas prazas.
En definitiva, a residencia será de uso pública aúinque a súa xestión se externalizará.
En xullo deste ano, aprobábase o último de varios acordos tomados neste sentido, a instancia de alcaldía, onde se lle esixía á Xunta que de forma inmediata, se puxese en servizo a Residencia de Maiores do Cornuval, fose cal fose a súa forma de xestión, pública ou exernalizada, dando como límite para este aspecto o 31 de decembro.
A residencia coñecida como do Cornuval, é un centro creado pola Xunta de Galicia, que dotará á vila e comarca do Carballiño dun servizo demandado desde hai tempo, e no que tamén se estuda por parte da consellería o aproveitamento dun espazo común e amplio para algún servizo dedicado aos maiores durante o día.
O alcalde do Carballiño manifestou, ao termo da súa reunión coa conselleira, a súa satisfacción por contar xa cunha data para a posta en marcha deste centro para a terceira idade, asegurando que en todo momento confiou en que desde a Xunta de Galicia realizaríanse os esforzos necesarios para dotar á vila deste servizo.











