A renovación do DNI poderá realizarse na Laracha os días 9 e 11 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Unha unidade móbil do Corpo Nacional de Policía estará os días 9 e 11 de setembro no novo edificio administrativo da Laracha, situado no número 60 da Avenida Fisterra, para renovar ou realizar por primeira vez o documento nacional de identidade.

O cupo é limitado, aínda hai prazas dispoñibles e as persoas interesadas deben reservala previamente acudindo ao Concello da Laracha en horario de oficina. Os turnos outorgaranse por estrita orde de inscrición.

4 de setembro de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.