publicidade hoxe

A programación xeral do Auditorio Municipal de Ourense preséntase con máis de 50 actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Esta mañá presentouse o programa de actividades do Auditorio Municipal para este último período do 2014. En realidade fai días que xa hai cousas en marcha, como é a programación infantil – os domingos pola mañá – que comezou o pasado día 21 con grande éxito de asistencia. Son en total, máis de 50 espectáculos que combinan teatro, concertos ou cine – como sede do Festival de Cine de Ourense, ao igual que o ano pasado -. Así o explicaron a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, que destacou a “calidade e a solvencia na xestión deste área, para ofrecer a mellor programación posible”. Acompañando á concelleira, estivo o técnico da Concellería, Manuel Freire, que detallou máis polo miúdo o programa.

Actividades para estes días

O propio Auditorio Municipal acollía onte a presentación da última creación da compañía ourensá Sarabela Teatro, Pequenas Certezas, que precisamente estréase esta tarde a partir das 20.30 h. Mañá xoves día 25, haberá outro pase á mesma hora, e o venres 26 será ás 23 h.

A continuación desto, o sábado 27 celébrase a gala benéfica da Asociación AFAOR, para recadar fondos a favor dos enfermos de Alzheimer.

O día seguinte, domingo 28, retoman o protagonismo os máis pequenos coa actividade infantil que será ás 12 h da man da obra Gúlliver da compañía Centre de Títeres de Lleida. E para rematar a semana, á tarde o cómico Goyo Jiménez traerá o seu espectáculo Evoluzión.

As entradas pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo da función na billeteira do Aditorio.

24 de setembro de 2014 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.