A primeira edición do trofeo Concello de Tomiño foise preto do recinto
A pesar de que o Teucro chegaba co cartel de favorito logo de proclamarse campión galego hai unha semana, o gran partido realizado polos pupilos de Modesto Augusto, do primeiro ao último, dobregaron con comodidade ao equipo pontevedrés, chegando a ser a vantaxe na segunda metade de 8 goles.
Ao final do encontro entregaron os trofeos Sandra González, alcaldesa de Tomiño, e Juan Álvarez, propietario de Carnicería Florentiña, patrocinador do evento.
Tamén o Acanor, de man da directiva e principal esponsor, obsequiou ao Concello con dous carnés en agradecemento pola predisposición mostrada.
A falta de dúas semanas para o inicio da competición, o Novás xogará un amigable este martes en Lalin. Podería ser a última proba desta pretemporada que tan boas sensacións está a deixar.











