A Policía Nacional investiga na Coruña a desaparición dunha menor de 15 anos
A Policía Nacional busca unha menor de 15 anos que falta do seu domicilio dende o pasado venres, segundo informaron fontes da Xefatura Superior de Policía de Galicia.
En concreto, precisaron, que tras presentar os seus familiares a denuncia pola súa desaparición, se activou o protocolo que se aplica nestes casos, precisaron as mesmas fontes en relación a esta investigación.
De momento, non se facilitaron máis datos en relación á busca da menor, que vive na rúa Barcelona e estuda no Instituto Salvador de Madariaga, ao que xa non acudiría tampouco o xoves.











