A Policía Local de Ferrol realizou unha nova campaña de seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Policía Local de Ferrol desenvolveu ao longo da semana pasada, en colaboración coa Dirección General de Tráfico (DGT), un programa de intervención en materia de seguridade viaria centrado no uso dos sistemas de retención tanto por condutores e pasaxeiros como nos menores de idade. Nesta tarefa de vixilancia e prevención, os axentes municipais fixeron un total de 11 controis estáticos e un dinámico, chegando a controlar un total de 326 vehículos.

Os resultados da campaña dados a coñecer hoxe pola Xefatura da Policía Local indican que un 2,45% dos condutores foron denunciados por non empregar o correspondente sistema de retención. Esta cifra baixa no caso dos acompañantes, posto que soamente o 1,34% non usaba cinto de seguridade. Outro dato de interese que se sinala dende o corpo municipal de seguridade é que nos 12 controis realizados ningún condutor foi denunciado por levar a un menor sen o sistema de retención.

26 de setembro de 2014 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.