publicidade hoxe

A Policía Local de Ferrol deseña un dispositivo especial de seguridade con motivo da “Departamental”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Policía Municipal de Ferrol ten elaborada unha planificación de seguridade e regulación viaria coincidindo coa celebración da primeira media maratón “A Departamental”, que terá lugar o vindeiro domingo día 28. Os participantes sairán as 10.00 horas da praza Vella de Ferrol Vello para realizar un percorrido circular de ida e volta dun total de 21 quilómetros e rematar ao redor das 13.00 horas no punto de partida: a praza Vella.

Así as cousas, a carreira pasará por: Paseo da Marina, Espírito Santo, Costa de Mella, Igrexa, Praza de Galicia, Cincunvalación, Taxonera, Mac Mahón, Caranza, Avenida de Esteiro, Telleiras, Avenido do Mar, Santa Comba, Avenida das Pías, Estrada de Castela, Carballo Calero, Praza de España, rúa Real, Concepción Arenal e praza de Galicia. Nestas vías cortarase o acceso ao tráfico rodado a partir das 09.40 horas do domingo; abríndose paulatinamente a medida que pasen os corredores a partir das 12.30 horas –empezando a apertura ao tráfico por Caranza-

Un total de 16 axentes de policía, 28 membros de Protección Civil e 10 voluntarios de carreira se encargarán do normal desenvolvemento da proba.

26 de setembro de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.