A piscina de Lieiro abre ao público despois dun mes de melloras e reparacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

A piscina olímpica municipal de Lieiro abriu de novo esta semana despois de manterse pechada durante o mes de agosto. Un tempo no que o Concello aproveitou para realizar diferentes obras de mellora no vaso, mentres o resto de servizos, como a sauna e o ximnasio, seguían funcionando. Unha das actuacións foi a reparación das baldosas de mosaico para que a piscina teña unhas paredes e unha superficie uniforme.

Ademais, ao longo destes días vanse acometer unha serie de melloras nas portas da instalación, e tamén se vai colocar unha porta de vaivén no corredor da piscina para evitar movementos de aire.

Ao mesmo tempo, o Concello informa do horario da instalación, que permanece aberta durante todo o día, de luns a venres de 9 a 22 h. e os sábados de 10 a 15 e de 18 a 21 h.  

Inscrición nos cursos

Ao mesmo tempo a Concellería de Deportes informa da apertura do prazo de inscrición nos cursos para bebés, aquagim, cursos para nenos e nenas dentro da Escola Municipal Infantil de Natación, e iniciación e perfeccionamento para adultos. Un trámite que se pode realizar na propia piscina de Lieiro.

5 de setembro de 2014 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.