A peña españolista Azkar Lugo F.S. B comeza a terceira división con victoria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O equipo filial do Azkar Lugo F.S., a Peña Españolista Azkar Lugo F.S. B, iniciou esta fin de semana  a tempada en Terceira División e fíxoo con vitoria (6-4) ante o A Estrada F.S., nun partido disputado no Pabellón Municipal do Chanto en Sarria.

O partido comezou cunha gran defensa do filial do Azkar en media pista que serviu para contrarrestar os arreons ofensivos do A Estrada, pasados 6 minutos de partido o equipo local subiu a súa liña de presión, adquirindo así maior soltura á hora de elaborar o seu xogo; así no minuto 12 de partido chegaba o primeiro gol local obra de Adrián. O equipo visitante non decaía no seu empeño e seguía coa mesma intensidade o que lle xerou varias ocasións para empatar o partido, pero que foron desbaratadas por un acertado Nacho. O cadro local era quen seguía impoñendo o ritmo de partido e pouco antes do descanso con dous goles obra de Porto deixaba o marcador nun 3-0.

A segunda parte parecía que ía seguir o guión da primeira pero o empeño do equipo visitante lévoulles a empatar o partido, con dous goles de Botel e un de Rebo. O técnico local, Manu Lombardía, viuse obrigado a parar o partido e pedir un tempo morto, pero lonxe de facer efecto, o rival aínda conseguiu poñerse por diante no marcador a falta de nove minutos para o final do partido cun tanto obra de Marquitos. Parecía que os tres puntos iríanse para A Estrada, pero un gol a falta de 6 minutos para o final conseguido por Jose, deulle ás á Peña Españolista Azkar B, que se veu arriba e conseguiu remontar o partido con dous goles obra de Porto e Adrián. Quedando pouco máis de tres minutos o técnico visitante puxo sobre a pista ao porteiro-xogador, pero unha gran defensa local fixo inútil todos os esforzos do rival, e os tres primeiros puntos da tempada quedáronse en Sarria.

 Ficha técnica:

Peña Españolista Azkar Lugo F.S. B 6: Nacho, Costoya, Diego Fente, Porto e  Jose, – cinco inicial-, Emanuel, Adrián, Andre, Álvaro Alvarez, Rubén Mouriz e Ángel.

A Estrada F.S. 4: César, Botel, Rafita, Marquitos e Moro, – cinco inicial-, Rebo, Tojito, Kincho, Fabián, Martín Varela, Santi Melenas e Martín.

Árbitros: Vilas López e Cid Bragado (colexio galego). Amonestaron a Ángel, Jose, Porto, Rubén Mouriz e Adrián por parte da Peña Españolista Azkar Lugo F.S. B e a Moro por parte do A estrada F.S.

Goles: 1-0 Adrián, 2-0 Porto, 3-0 Porto, 3-1 Botel, 3-2 Botel, 3-3 Rebo, 3-4 Marquitos, 4-4 Jose, 5-4 Adrián e 6-4 Porto.

Incidencias: Partido correspondente a la 1ª Xornada de Terceira División disputado en el Pabellón Municipal de O Chanto ante máis de un centenar de afeccionados.

29 de setembro de 2014 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.