publicidade hoxe

A mellora de trazado e do firme da estrada Cachafeiro – Vilapouca rematará en novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcareiLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Ethel Vázquez na visita ao Concello de Forcarei

Ethel Vázquez na visita ao Concello de Forcarei

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas prevé rematar as obras de mellora de seguridade da estrada Cachafeiro- Vilapouca (PO-536) no mes de novembro, sempre que as condicións climatolóxicas o permitan. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisou esta mañá esta actuación destinada a mellorar o trazado e o firme desta estrada no total da súa lonxitude (4 quilómetros).

Na actualidade, os traballos -que implican un investimento da Axencia Galega de Infraestruturas de 850.000 euros- están ao 35% da súa execución e consisten na mellora desta vía, ampliando a plataforma existente ata un ancho mínimo de 6,40 metros, manténdose dentro do dominio público actual da estrada. A mellora implica o fresado do firme, a incorporación dunha nova capa de rodadura, a renovación da drenaxe lonxitudinal e a ampliación da transversal, e a incorporar a nova sinalización.

A estrada PO-536 pertence á Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia e discorre integramente polo Concello de Focarei, polo que os preto de 5.000 habitantes deste municipio se beneficiarán das melloras que se leven a cabo na totalidade desta estrada de 4 quilómetros. Os traballos implicarán facer rozas por un volume de 4.200 m2, escavar 1.700 m3 e demoler estruturas por un volume de 1.500 m3.

Desde a Consellería de Medio Ambiente destácase que esta actuación se suma á que se executou, que consistiu na eliminación de bacheos localizados e no reperfilado das gabeas. Esta acción viaria da Axencia Galega de Infraestruturas implicou un investimento de 60.000 euros.

Esta actuación é unha das obras priorizadas para este ano pola Consellería de Medio Ambiente dentro do seu programa de mantemento das estradas de titularidade autonómica e mellora da seguridade vial. A conselleira destacou que as actuacións en materia de rehabilitación e mellora de firmes nas estradas de titularidade autonómica contan cun orzamento este ano de preto de 24 millóns de euros, dos que o 70% xa están executados ou en execución.

Por último engadiu que por provincias, Pontevedra é a segunda con maior investimento comprometido este ano, con 6,1 M € para estas actuacións. A Coruña dispón de 9,2 M€; Lugo 4,5 M€ e OU: 3,6 M €.

9 de setembro de 2014 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.