publicidade hoxe

A medalla de bronce de Camila Morison é só o inicio dunha exitosa carreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontecesuresPontevedra
A-
A+
Begoña Estévez con Camila Morison

Begoña Estévez con Camila Morison

A deputada Begoña Estévez recibiu hoxe a Camila Morison, palista K1 do Club Naútico Pontecesures que acaba de acadar a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos da Xuventude que se celebrou na cidade chinesa de Nanjing.

A deputada fíxolle entrega duns agasallos e destacou o gran éxito desta deportista pontevedresa que foi a única representante do piragüismo español na súa categoría xuvenil e que logrou a súa medalla en dura competición coa anterior subcampiona do mundo de K-2, a palista de Kazajistán Kalten Berger.

Begoña Estévez afirmou que “o seu triunfo é dos que deixan pegada e, sen dúbida, será o inicio dunha exitosa carreira”.

Na recepción, a palista de Ponte Cesures estivo acompañada polo presidente do Club Naútico de Ponte Cesures, Angel Barreiro, Juan Manuel Vidal Seaje e outro directivos.

10 de setembro de 2014 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.