A Laracha acollerá un obradoiro de oratoria para xóvenes menores de 30 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha acollerá o vindeiro día 15 de setembro un obradoiro de oratoria dirixido a persoas que desexen mellorar as súas dotes para falar en público e a súa capacidade persuasiva.

A sesión terá unha duración de dúas horas, impartíndose en horario de tarde na Casa da Cultura da Laracha. O obradoiro está estruturado en catro contidos, que son a preparación do discurso, transmisión de ideas, comunicación non verbal e actitude do orador.

O prazo de inscrición estará aberto ata o venres da próxima semana (día 12 de setembro) e calquera veciño menor de trinta anos de idade que o desexe pode anotarse de xeito gratuíto acudindo ao Concello da Laracha ou chamando ao 981 605 001 en horario de oficina.

A iniciativa, considerada especialmente útil para estudantes, profesores, periodistas e opositores, é organizada coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no marco do programa Activa 2014.

3 de setembro de 2014 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.