A industria naval galega intensifica as súas actuacións comerciais na SMM Hamburgo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

A Asociación de Industriais Metalúrxicos (ASIME) atópase novamente presente na Feira SMM en Hamburgo, unha das feiras internacionais de construción naval e transporte marítimo máis importante a nivel mundial, á que acudiu cunha trintena de firmas destacadas como, Metalships & Docks, Cadtechs Ingenieros, CT Ingenieros. Aister, Hermanos Alfaro, Menaga, Dinain, Mecanasa, Norinver, Ghenova Ingeniería, Utilvigo, IEMI Cabaleiro, Vigo Marine, entre outras.

Nesta vixésimo sexta edición da Feira SMM (Shipbuilding, Machinery & Marine Technology International Trade Fair) estanse congregado máis de 2.100 expositores de 62 países distintos nun espazo de 90.000 metros cadrados, sendo un evento de referencia para a industria a nivel mundial, estando representadas actividades como construción naval, equipamento marítimo, enxeñaría eléctrica e electrónica, tecnoloxía marítima, servizos aos buques etc…

Na SMM as empresas teñen a oportunidade de exhibir e explicar o potencial das empresas galegas nun gran número de encontros e reunións que se manterán durante toda a feira, con armadores, brokers provintes de toda Europa e diferentes estaleiros.

Enrique Mallón, portavoz de ASIME, manifesta que “estamos moi satisfeitos co desenvolvemento da feira SMM, na cal estamos a comprobar a melloría da situación do transporte marítimo internacional, o potenciamento da industria offshore e o incremento da carga de traballo a nivel internacional que isto supón para a industria da construción e reparación naval mundial. Ademais, constatamos a tremenda competencia que exercen os estaleiros asiáticos pero, a pesar diso, os nosos estaleiros e industria auxiliar presente nesta feira están a recibir un gran número de consultas e propostas de colaboración.”

Así mesmo, Enrique Mallón destaca que “hai un gran número de brokers e axentes internacionais presentes na feira e a atmosfera que Asime e as nosas empresas estamos a comprobar é propicia para mellorar a nosa carga de traballo, esperando que á finalización desta feira podamos mellorar o nivel de actividade en Galicia”.

11 de setembro de 2014 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.