A III Carreira Nocturna Corre por Ferrol celebrarase o vindeiro 13 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

A concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá a “III Carreira Nocturna Corre por Ferrol”, que terá lugar o vindeiro 13 de setembro polas principais rúas da cidade. O Concello de Ferrol organiza un ano máis esta proba en colaboración co Club Castro de Lobadiz e co patrocinio da Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao, ademais de empresas privadas. No acto de presentación do evento, que tivo lugar esta mañá no Salón de Recepcións da Casa Consistorial, particiou tamén o presidente do Club Castro de Lobadiz, Alberto Calvo.

Esta terceira edición da Carreira Nocturna Corre por Ferrol desenvolverase a partir das 21:00 horas na categoría absoluta, con saída da praza de Armas. Os participantes percorrerán aproximadamente 6 quilómetros polo centro da cidade ata chegar aos xardíns de La Ranita, pasando polas rúas Galiano, Dolores, Real, Espartero, ata o peirao de Curuxeiras e pola Costa de Mella, Igrexa, etc. Este evento tamén serve de homenaxe ao atleta ferrolán Manuel García Pereira, coñecido como Lolete. A edil Susana Martínez agradeceu a organización “porque de seguro a carreira vai ser un éxito como en anos precedentes”.

Preto de 300 corredores xa están apuntados neste evento deportivo integrado no II Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. A Federación Galega de Atletismo será a encargada do control da carreira. Segundo explicou o presidente do Club Castro de Lobadiz esperase chega aos 600 participantes como na edición anterior. As persoas interesadas en participar poden poderán inscribirse ata o vindeiro xoves día 11 de setembro a través da páxina web <www.carreirasgalegas.com. O prezo de inscrición é de 4 euros. Ao final da proba se entregarán regalos, avituallamiento tanto líquido como sólidos e sortearánse regalos.

9 de setembro de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.