A Garda Civil imputa aos supostos autores dun roubo de ferramentas en Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosTomiño
A-
A+

A Garda Civil imputou a O.C.R., de 28 anos de idade, a A.G.P., de 36 e a JM.P.G., de 24, os tres veciños de Tomiño, como supostos autores dun delito de roubo con forza no interior dun galpón, sito nunha leira do municipio de Tomiño.

Segundo denuncia presentada no Posto da Garda Civil desta localidade, o autor ou autores tras forzar a porta dun galpón, que o denunciante ten nunha leira da súa propiedade, apoderáronse de diversas ferramentas tales como un martelo pneumático, un compresor, dúas motoserras, unha lixadora, un cepillo eléctrico, entre outros.

Unha vez se tivo coñecemento deste feito delituoso, compoñentes do referido Posto da Garda Civil, iniciaron as correspondentes investigacións que deron resultado positivo no día de onte, cando se procedeu ao seu esclarecemento coa imputación dos tres supostos autores e á recuperación da totalidade dos obxectos subtraídos, parte deles entregados voluntariamente polos supostos autores.

Unha vez tomada declaración aos imputados nas dependencias oficiais da Garda Civil, quedaron en liberdade coa obrigación de presentarse ante o Xulgado de Instrución de Tui, onde se entregasen as dilixencias instruídas e cando para iso sexan requiridos.

24 de setembro de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.